martes, 15 de novembro de 2016

Volver a casa no Nadal


Neve nas montañas
tres magos que veñen e van
panxoliñas doces
cantamos porque é Nadal.

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Chegou o tempo de soñar,
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz,
fogares cheos do amor.
Quen colleu o mando da televisión?

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Todo o tempo sen parar,
volver a casa por Nadal.

Jota e Muiñeira de Silvela

Muiñeira 2:20

martes, 8 de novembro de 2016

Canto de Reis e Panxoliña de Neda


Os tres Reises Magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben.          
Lupe da Caveira failles o café,                             
Esperanza de Macario peneira de pé.

Vinde os que as redes botades
no azulado mar de Neda.
Vinde os que a xebra
segades á baixada da marea.

E veñan as panadeiras
co seu pan fresco de trigo
e as que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras.

As que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras,

Traede a gaita de fol
para tocar polo camiño
nas alforxas queixo mol
para levarlle ó Pequeniño.

Din que está nunha palliñas
o Neno Deus tan recente,
máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

Máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

A tixola vella ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.
A tixola veña ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.

Muiñeira de Cabana


Con un sombreiro de palla



Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,

Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar ao rei
a Xesús no portal!

Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

luns, 7 de novembro de 2016

Contos no camiño: A princesa do Caurel

Para ver o conto clica aquí

O pelo roxiño


XESUSIÑO ESTÁ NAS PALLAS 
SÚA NAI ESTÁ CON EL, 
XUNTO A EL TAMÉN ESTÁN 
O BOI, A MULA E MÁIS XOSÉ. (BIS)

E VAMOS A VER, 
E VAMOS A VER, 
AO NOSO MENIÑO 
QUE NACEU 
COS OLLOS AZUIS 
E O PELO ROXIÑO. (BIS)

ACENDEDE CATRO PALLAS 
E VÁMONOS PRA BELÉN 
CANTARLLE RON RON AO NENO 
PRA FACELO DURMIR BEN. (BIS)

Retrouso

ESTAS UVIÑAS, UVIÑAS, 
I ESTAS CASTAÑAS CON MEL 
SON PRO MEU MENIÑO MEIGO 
PRO MEU MENIÑO MANUEL. (BIS)

Retrouso

domingo, 6 de novembro de 2016

Unha pouca roupiña


Imos levar unha pouca roupiña,
tres polas, dous galos máis unha galiña.
Un aniño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.

Ai meu neno, meu rei
meu meiguiño,
non tes un albergue, non tes un leitiño.
Sen arrimo nas pallás estás
ai meu queridiño que frío terás.

sábado, 22 de outubro de 2016

Samaín


Un ano máis chegou o Samaín a escola; así como tamén o outono, a chuvia, o vento e dentro duns días o frío e o tempo de castañas. Hai que saír a celebralo e preparnos para morrer co medo.
Viva o Samaín!!

Recursos para todas as idades: clica aquí
E máis recursos: aquí

domingo, 16 de outubro de 2016

Os Pinos de Eduardo Pondal



Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.