Amosando publicacións coa etiqueta Himno Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Himno Galego. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de outubro de 2016

Os Pinos de Eduardo Pondal



Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.