martes, 8 de novembro de 2016

Canto de Reis e Panxoliña de Neda


Os tres Reises Magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben.          
Lupe da Caveira failles o café,                             
Esperanza de Macario peneira de pé.

Vinde os que as redes botades
no azulado mar de Neda.
Vinde os que a xebra
segades á baixada da marea.

E veñan as panadeiras
co seu pan fresco de trigo
e as que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras.

As que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras,

Traede a gaita de fol
para tocar polo camiño
nas alforxas queixo mol
para levarlle ó Pequeniño.

Din que está nunha palliñas
o Neno Deus tan recente,
máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

Máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

A tixola vella ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.
A tixola veña ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.

Ningún comentario:

Publicar un comentario