![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEioD35OXjfCHohb8QwgRNHyNp21mYqUbfMz5ggQPdiaElVnhgDx5Wn6kvEQRJwZdEjEkcobFOhhKL9K8vSnBYyR59ICxni5IGdQrZf0chyphenhyphen1NVJ_tyMTYQAe8L80HrFYXki9DOJOlYoH_88B/s400/o+outono.jpeg)
da clase de Ana García.
Para celebrar o outono,
ergueuse Ana moi cedo,
deixou na cama o seu sono,
colleu un cesto pequeno.
Castañas trouxo do souto
e landras da carballeira,
subiu ó cumio máis outo
por palla dunha palleira.
No bosque húmido e frío
topouse cun cogomelo.
No horto, á beira do río
colleu Ana
un bo marmelo.
Volveu coa cestiña chea:
follas, mazáns e marmelo;
landras, castañas ... que léa!
E no medio, o cogomelo.
A fada María Romasanta
Mentre outonea en Vigo no ano 2012