Para ver o conto clica aqui |
luns, 31 de outubro de 2016
martes, 25 de outubro de 2016
luns, 24 de outubro de 2016
domingo, 23 de outubro de 2016
sábado, 22 de outubro de 2016
Samaín
Un ano máis chegou o Samaín a escola; así como tamén o outono, a chuvia, o vento e dentro duns días o frío e o tempo de castañas. Hai que saír a celebralo e preparnos para morrer co medo.
Viva o Samaín!!
Recursos para todas as idades: clica aquí
E máis recursos: aquí
domingo, 16 de outubro de 2016
Os Pinos de Eduardo Pondal
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio transparente
do prácido luar?
- Que din as altas copas
- de escuro arume harpado
- co seu ben compasado
- monótono fungar?
- Do teu verdor cinguido
- e de benignos astros,
- confín dos verdes castros
- e valeroso clan,
- non deas a esquecemento
- da inxuria o rudo encono;
- desperta do teu sono
- fogar de Breogán.
- Os bos e xenerosos
- a nosa voz entenden,
- e con arroubo atenden
- o noso rouco son,
- mais só os iñorantes,
- e féridos e duros,
- imbéciles e escuros
- non os entenden, non.
- Os tempos son chegados
- dos bardos das idades
- que as vosas vaguidades
- cumprido fin terán;
- pois onde quer, xigante
- a nosa voz pregoa
- a redenzón da boa
- nazón de Breogán.
xoves, 6 de outubro de 2016
Quen puidera namorala
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quen puidera namorala
quen puidera namorala,
meu amigo. (bis)
Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Retrouso
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)
Retrouso
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)
Retrouso
luns, 3 de outubro de 2016
Pin Zas Fogo Nicolás
Da banda de alá do río,
pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
ten meu pai un castiñeiro,
rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!Dá laranxas en agosto,
pin!, zas!, fogo, Nicolás!
uvas brancas en xaneiro,
rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
Da banda de alá do río,
pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
teño unha linda cuñada,
rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
Entralle o sol pola porta
pin!, zas!, fogo, Nicolás!
e a lúa pola ventá,
rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! [...]
E agora poderiades rematar vós a canción?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)