Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de maio de 2017

Adios ríos, adios fontes


Neste día das Letras Galegas 2017 recordamos unha das máis belas poesías de Rosalía de Castro na voz dunha antiga alumna desta escola.
Moitas Grazas Sol

martes, 24 de febreiro de 2015

178 anos do Nacemento de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.