Aquí tedes un montón de recursos, incluído cancións e vídeos, para celebrar un Nadal ben galego.
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
venres, 2 de decembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
Volver a casa no Nadal
Neve nas montañas
tres magos que veñen e van
panxoliñas doces
cantamos porque é Nadal.
En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.
Chegou o tempo de soñar,
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz,
fogares cheos do amor.
Quen colleu o mando da televisión?
En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.
Todo o tempo sen parar,
volver a casa por Nadal.
xoves, 10 de novembro de 2016
martes, 8 de novembro de 2016
Canto de Reis e Panxoliña de Neda
Os tres
Reises Magos van para Belén,
quitaron os
zocos para correr
ben.
Lupe da
Caveira failles o
café,
Esperanza de
Macario peneira de pé.
Vinde os que
as redes botades
no azulado
mar de Neda.
Vinde os que
a xebra
segades á
baixada da marea.
E veñan as
panadeiras
co seu pan
fresco de trigo
e as que
lavan o abrigo
e as que
cultivan as leiras.
As que lavan
o abrigo
e as que
cultivan as leiras,
Traede a
gaita de fol
para tocar
polo camiño
nas alforxas
queixo mol
para
levarlle ó Pequeniño.
Din que está
nunha palliñas
o Neno Deus
tan recente,
máis lindo
que o sol nacente
de abril
polas mañanciñas.
Máis lindo
que o sol nacente
de abril
polas mañanciñas.
A tixola
vella ten un matiné,
todo Neda
sabe de que color é.
A tixola
veña ten un matiné,
todo Neda
sabe de que color é.
Con un sombreiro de palla
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar ao rei
a Xesús no portal!
Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!
luns, 7 de novembro de 2016
O pelo roxiño
XESUSIÑO ESTÁ NAS PALLAS
SÚA NAI ESTÁ CON EL,
XUNTO A EL TAMÉN ESTÁN
O BOI, A MULA E MÁIS XOSÉ. (BIS)
SÚA NAI ESTÁ CON EL,
XUNTO A EL TAMÉN ESTÁN
O BOI, A MULA E MÁIS XOSÉ. (BIS)
E VAMOS A VER,
E VAMOS A VER,
AO NOSO MENIÑO
QUE NACEU
COS OLLOS AZUIS
E O PELO ROXIÑO. (BIS)
ACENDEDE CATRO PALLAS
E VÁMONOS PRA BELÉN
CANTARLLE RON RON AO NENO
PRA FACELO DURMIR BEN. (BIS)
Retrouso
ESTAS UVIÑAS, UVIÑAS,
I ESTAS CASTAÑAS CON MEL
SON PRO MEU MENIÑO MEIGO
PRO MEU MENIÑO MANUEL. (BIS)
Retrouso
domingo, 6 de novembro de 2016
Unha pouca roupiña
Imos levar unha pouca roupiña,
tres polas, dous galos máis unha galiña.
Un aniño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.
Ai meu neno, meu rei
meu meiguiño,
non tes un albergue, non tes un leitiño.
Sen arrimo nas pallás estás
ai meu queridiño que frío terás.
sábado, 5 de decembro de 2015
martes, 1 de decembro de 2015
domingo, 22 de novembro de 2015
Nadal de Luintra
Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?
domingo, 15 de novembro de 2015
Porque aqui non é ben ruar
Imonos xa para aldea
porque aquí non é ben ruar.(2)
Porque Xesusiño dorme (2)
E podémolo despertar (2)
Porque aquí non é ben ruar.(2)
martes, 10 de novembro de 2015
Xa me tardan estes magos
Xa me tardan estes Magos
eu non sei onde andarán
sei que os viron camiñando
polas rúas de Nepal
Onde andarán, non sei onde están
Xa me tardan xa
Onde andarán, non sei onde están
Xa me tardan xaaaa
Sei que andan ocupados
e non para de dicir
que fagamos menos guerras
que si non deixan de vir.
Xa me tardan estes Magos,
e iso que me portei ben.
Din que os viron camiñando
polas rúas de Belén.
Xa me tardan estes Magos,
eu non sei onde andarán
non pedin moitos regalos
para que cheguen para os demais.
mércores, 24 de decembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

