Para Escoitar a Música O cuco, o caracol e o burro |
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.
Fise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primavera
antre o Marzo i o Abril.
RETROUSO
¡O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!
RETROUSO
Polas mañás ben cediño
o cuco canta: cu- cu.
¡Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!
Manuel María: Os soños na gaiola
Ningún comentario:
Publicar un comentario