O boteiro é
un personaxe tradicional do Entroido de Viana do Bolo (Ourense) que desfila
acompañando ao folión ao tempo que abre o camiño coas súas carreiras.
Os
boteiros levan a cabeza cuberta cunha máscara composta por unha careta tallada
en madeira cun gran sorriso e unha enorme figura xeométrica por riba da careta
feita con cartón, arames e cintas de cores.
O
seu traxe está composto por uns pantalóns vermellos, unhas polainas de coiro e
unha camisa á que se cosen multitude de cintas de cores de seda e raso.
Á cintura leva un cinto de coiro no que leva pendurado unha serie de chocas e na
man unha moca recuberta de cintas de cores que utilizan para aopiarse cando dan
grandes saltos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario