martes, 5 de maio de 2015

A Carolina




A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.


Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor x3
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!


A Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
vestese pola cabeza
e dispese polos pes



Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel !
Dime con quen bailaches?
Bailei co Coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel !

O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.


Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé x3
Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé


No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.


Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor


Co meu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i é moi mala de baixar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario