martes, 24 de febreiro de 2015

178 anos do Nacemento de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

venres, 13 de febreiro de 2015

Tempo de Entroido

Veña que chega o Entroido!!!!! Festa Rachada !!!!


Que é un boteiro?

O boteiro é un personaxe tradicional do Entroido de Viana do Bolo (Ourense) que desfila acompañando ao folión ao tempo que abre o camiño coas súas carreiras.
Os boteiros levan a cabeza cuberta cunha máscara composta por unha careta tallada en madeira cun gran sorriso e unha enorme figura xeométrica por riba da careta feita con cartón, arames e cintas de cores.
O seu traxe está composto por uns pantalóns vermellos, unhas polainas de coiro e unha camisa á que se cosen multitude de cintas de cores de seda e raso. Á cintura leva un cinto de coiro no que leva pendurado unha serie de chocas e na man unha moca recuberta de cintas de cores que utilizan para aopiarse cando dan grandes saltos.