sábado, 22 de outubro de 2016

Samaín


Un ano máis chegou o Samaín a escola; así como tamén o outono, a chuvia, o vento e dentro duns días o frío e o tempo de castañas. Hai que saír a celebralo e preparnos para morrer co medo.
Viva o Samaín!!

Recursos para todas as idades: clica aquí
E máis recursos: aquí

domingo, 16 de outubro de 2016

Os Pinos de Eduardo Pondal



Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

xoves, 6 de outubro de 2016

Quen puidera namorala


No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala,
meu amigo. (bis)

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)

Retrouso
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)

Retrouso
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)

Retrouso 

luns, 3 de outubro de 2016

Pin Zas Fogo Nicolás



         Da banda de alá do río, 
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
         ten meu pai un castiñeiro,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
         Dá laranxas en agosto,
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!
         uvas brancas en xaneiro,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! 


         Da banda de alá do río, 
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
         teño unha linda cuñada, 
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
         Entralle o sol pola porta
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!
         e a lúa pola ventá,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! [...]


E agora poderiades rematar vós a canción?