mércores, 16 de decembro de 2015


Que o Apalpador traía xustiza social e o tizón de Nadal fartura ao noso agro e ao noso mar

luns, 30 de novembro de 2015

Lingua de reis, lingua do pobo



Aqui tedes unha breve historia de da Lingua Galega. despois de ver o documental seriades capaces de contestar algunha que outra pregunta.

domingo, 22 de novembro de 2015

Nadal de Luintra

Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.

Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?

domingo, 15 de novembro de 2015

Porque aqui non é ben ruar


Imonos xa para aldea                                                      
porque aquí non é ben ruar.(2)
Porque Xesusiño dorme (2)                                                           
E podémolo despertar (2)
Porque aquí non é ben ruar.(2)

martes, 10 de novembro de 2015

Xa me tardan estes magos


Xa me tardan estes Magos
eu non sei onde andarán
sei que os viron camiñando
polas rúas de Nepal

Onde andarán, non sei onde están
Xa me tardan xa
Onde andarán, non sei onde están
Xa me tardan xaaaa

Sei que andan ocupados
e non para de dicir
que fagamos menos guerras
que si non deixan de vir.

Xa me tardan estes Magos,
e iso que me portei ben.
Din que os viron camiñando
polas rúas de Belén.

Xa me tardan estes Magos,
eu non sei onde andarán
non pedin moitos regalos
para que cheguen para os demais.

venres, 23 de outubro de 2015

Imos ao cine

Hoxe o Equipo de Normalización Lingüística preparou para nós unha saída ao cine para ver  A praia dos Afogados

mércores, 14 de outubro de 2015

Mamá Asunción


En 1984, Chano Piñeiro un boticario afincado en Vigo presentaba un dos curtometraxes máis famosos do cinema galego. Ambientado, nunha aldea galega conta a historia de Mamá Asunción unha muller que durnte 40 anos espera a carta do seu fillo emigrado.

xoves, 1 de outubro de 2015

Galicia Máxica

Vivimos nunha terra chea de imaxinación, onde nada é o que parece e todo pode ser calquera cousa. Unha terra chea de historias que levan pasándose de pais a fillos dende tempos inmemoriais na que a partir de agora imos ser nós quen llas imos contar ao mundo.


Santa Compaña, Mouros e demais.

martes, 1 de setembro de 2015


Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unha chea de ganas de aprender, de leer, de cantar, de falar  ....

Lingua Galega 6º Primaria
    * Libro de texto: Lingua 6º. Editorial Anaya
    * Libreta grande cuadriculada grapada
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
    * Caixa de cores
    * Diccionario RAG online

sábado, 20 de xuño de 2015

Feliz Verán

Praia do Portiño Vigo
Agora que xa acabou o curso só me queda desexarvos unhas moi felices vacacións e darvos unha breve lista de deberes para este verán:

1. Pola maña, por veces, camiña sen compañía pola beira do mar. Mira como o sol se reflexa na auga mentres pensas nas cousas que máis che gustan na vida e sinteste feliz.
2. Intenta usar todas as palabras novas que aprendeches este ano: poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis cousas e, canto máis penses, máis libre vaste sentir.
3. Lee o máximo posible. Non porque o teñas que facer. Lee porque o verán te inspira aventuras e soños. Lendo, sentiraste coma os paxaros voando. Lee porque é a mellor forma de rebelión.
4. Evita todas as cousas, situacións e persoas que te fagan sentir negativo e baleiro. Busca situacións estimulantes e amigos que te aprecien e te entendan por ser quen es.
5. Se te sintes triste ou asustado, non te preocupes. O verán, como todas as grandes cousas, transtorna a alma. Intenta escribir un diario onde poidas ecribir sobre os teus sentimentos (e en setembro se queres podemolo ler xuntos).
6. Baila; sen sentir vergonza na rúa, cerca da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería una vergonza non formar parte del.
7. Alomenos unha vez tes que ver o mencer. Estar aí en silencio e respirar. Pechar os ollos, agradecido.
8. Practica moito deporte.
9. Se atopas unha persoa que te gusta moito, dillo con sinceridade e toda a gracia da que sexas capaz. Non pasa nada tanto como se o entende como senon. Se non é recíproco, entón non estaaba previsto que el/eela formase parte do teu destiño. Pola contra, o verán do 2015 é unha gran oportunidade para camiñar xuntos (e se non funciona volve o punto 8).
10. Lembra o que aprendeches na escola e consulta os teus apuntamentos.
11. Se feliz como o sol e indomable como o mar.
12. Non digas palabrotas. Se sempre educadísimo e xentil.
13. Goza dos filmes con diálogos emotivos, sobre todo en ingles. Axudarante a mellorar as túas habilidades lingüísticas e as túas oportunidades de soñar. Non deixes que o filme remate nos créditos. Vive a experiencia todo o veráan.
14. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida. Durante o verán, colle forzas para non rendirte e fai todo o que poidas para conseguir eses soño.
15. Se bo.
Fragmento dos traballos de verán enviados polo Profesor Cesare Cata aos seus
alumnos do Lizeo delle Szience Umane Don Bosco de Fermo (Italia).

xoves, 18 de xuño de 2015

Morriña

Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra.


xoves, 7 de maio de 2015

As Penas do Verde Gaio


As penas do Verdegaio
son verdes e amarelas,
non me toques se non caio,
non me rompas as canelas .


O do verdegaio, o du rastrastrás,
quero o meu amor, quero o meu rapaz.
O do verdegaio, o do rustrustrús,
quero o meu amor, quéroo ben, Xesús.

Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.
Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.

É do meu gosto,
é da miña opiniao.
É da madeira máis fina
da raíz do coraçao.

Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.
Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.

Oh, señora Ana, señora María!
O seu galo canta e o meu asubía.
Oh, señora Ana, o seu galo deu
unha latadiña na cara do meu.

Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.
Vai tu, vai tu, vai ela,
vai tu pra a casa dela.

Anubía e anubía
e anque anubía non chove.
O meu amor está malo,
anque está malo non morre.

O do verdegaio, o do rastrastrás,
quero o meu amor, quero o meu rapaz.
O do verdegaio, o do rustrustrús,
quero o meu amor, quéroo ben, Xesús.

Meu caño, meu cañonciño,
todos te chaman pequeno.
A min me pareces grande
co cariño que che teño.

O do verdegaio, o do rastrastrás,
quero o meu amor, quero o meu rapaz.
O do verdegaio, o do rustrustrús,
quero o meu amor, quéroo ben, Xesús.

O cariño que che teño
e mais o que che hei de ter
colle na folla dun toxo
e mais non a ha de encher.

O do verdegaio, o do rastrastrás,
quero o meu amor, quero o meu rapaz.
O do verdegaio, o do rustrustrús,
quero o meu amor, quéroo ben Xesús.

martes, 5 de maio de 2015

A Carolina




A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.


Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor x3
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!


A Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
vestese pola cabeza
e dispese polos pes



Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel !
Dime con quen bailaches?
Bailei co Coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel !

O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.


Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé x3
Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé


No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.


Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor


Co meu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i é moi mala de baixar.

xoves, 30 de abril de 2015

Sementeira de Fuxan os Ventos


Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar
.

Un meniño rebuldeiro
que fale na lingoa nai
que suba nos pexegueiros
a fruta verde a roubar.

Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.

 Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

martes, 24 de febreiro de 2015

178 anos do Nacemento de Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que m' asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu' es ida,
no mesmo sol te m' amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m' abandonarás nunca,
sombra que sempre m' asombras.

venres, 13 de febreiro de 2015

Tempo de Entroido

Veña que chega o Entroido!!!!! Festa Rachada !!!!


Que é un boteiro?

O boteiro é un personaxe tradicional do Entroido de Viana do Bolo (Ourense) que desfila acompañando ao folión ao tempo que abre o camiño coas súas carreiras.
Os boteiros levan a cabeza cuberta cunha máscara composta por unha careta tallada en madeira cun gran sorriso e unha enorme figura xeométrica por riba da careta feita con cartón, arames e cintas de cores.
O seu traxe está composto por uns pantalóns vermellos, unhas polainas de coiro e unha camisa á que se cosen multitude de cintas de cores de seda e raso. Á cintura leva un cinto de coiro no que leva pendurado unha serie de chocas e na man unha moca recuberta de cintas de cores que utilizan para aopiarse cando dan grandes saltos.