venres, 2 de decembro de 2016

martes, 15 de novembro de 2016

Volver a casa no Nadal


Neve nas montañas
tres magos que veñen e van
panxoliñas doces
cantamos porque é Nadal.

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Chegou o tempo de soñar,
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz,
fogares cheos do amor.
Quen colleu o mando da televisión?

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Todo o tempo sen parar,
volver a casa por Nadal.

Jota e Muiñeira de Silvela

Muiñeira 2:20

martes, 8 de novembro de 2016

Canto de Reis e Panxoliña de Neda


Os tres Reises Magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben.          
Lupe da Caveira failles o café,                             
Esperanza de Macario peneira de pé.

Vinde os que as redes botades
no azulado mar de Neda.
Vinde os que a xebra
segades á baixada da marea.

E veñan as panadeiras
co seu pan fresco de trigo
e as que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras.

As que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras,

Traede a gaita de fol
para tocar polo camiño
nas alforxas queixo mol
para levarlle ó Pequeniño.

Din que está nunha palliñas
o Neno Deus tan recente,
máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

Máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

A tixola vella ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.
A tixola veña ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.

Muiñeira de Cabana


Con un sombreiro de palla



Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,

Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar ao rei
a Xesús no portal!

Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

luns, 7 de novembro de 2016

Contos no camiño: A princesa do Caurel

Para ver o conto clica aquí

O pelo roxiño


XESUSIÑO ESTÁ NAS PALLAS 
SÚA NAI ESTÁ CON EL, 
XUNTO A EL TAMÉN ESTÁN 
O BOI, A MULA E MÁIS XOSÉ. (BIS)

E VAMOS A VER, 
E VAMOS A VER, 
AO NOSO MENIÑO 
QUE NACEU 
COS OLLOS AZUIS 
E O PELO ROXIÑO. (BIS)

ACENDEDE CATRO PALLAS 
E VÁMONOS PRA BELÉN 
CANTARLLE RON RON AO NENO 
PRA FACELO DURMIR BEN. (BIS)

Retrouso

ESTAS UVIÑAS, UVIÑAS, 
I ESTAS CASTAÑAS CON MEL 
SON PRO MEU MENIÑO MEIGO 
PRO MEU MENIÑO MANUEL. (BIS)

Retrouso

domingo, 6 de novembro de 2016

Unha pouca roupiña


Imos levar unha pouca roupiña,
tres polas, dous galos máis unha galiña.
Un aniño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.

Ai meu neno, meu rei
meu meiguiño,
non tes un albergue, non tes un leitiño.
Sen arrimo nas pallás estás
ai meu queridiño que frío terás.

sábado, 22 de outubro de 2016

Samaín


Un ano máis chegou o Samaín a escola; así como tamén o outono, a chuvia, o vento e dentro duns días o frío e o tempo de castañas. Hai que saír a celebralo e preparnos para morrer co medo.
Viva o Samaín!!

Recursos para todas as idades: clica aquí
E máis recursos: aquí

domingo, 16 de outubro de 2016

Os Pinos de Eduardo Pondal



Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais só os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

xoves, 6 de outubro de 2016

Quen puidera namorala


No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)

Quen puidera namorala
quen puidera namorala,
meu amigo. (bis)

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo. (bis)

Retrouso
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada. (bis)

Retrouso
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio. (bis)

Retrouso 

luns, 3 de outubro de 2016

Pin Zas Fogo Nicolás



         Da banda de alá do río, 
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
         ten meu pai un castiñeiro,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
         Dá laranxas en agosto,
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!
         uvas brancas en xaneiro,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! 


         Da banda de alá do río, 
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
         teño unha linda cuñada, 
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!
         Entralle o sol pola porta
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!
         e a lúa pola ventá,
         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! [...]


E agora poderiades rematar vós a canción?

martes, 27 de setembro de 2016

O ghai, ghai de Chouteira


Escoiten, señoras e señores, 
raposos e raposas, 
nenos e nenas, 
a verídica historia 
que mentira non é 
do que lle pasa e acontece 
a quen da perna espernexe 
e de rebote non cae.
Ghai!

O ghai-ghai, o ghai-ghai, o que espernexe e non cae,
espernexín e caín e levanteime e dixen: ghai-ghai! x 2

Arrapa raposo, do cu piolloso, non mates o año do limpio castaño,
que vai á ribeira buscar a manteiga para a muller, que a ten parideira.

Retrouso

Arrapa raposo, do cu piolloso, non mates o año do limpio castaño,
que ten un varón que se chama Antón, pelica de cabra e fol de castrón.

Retrouso

Arrapa raposo, do cu piolloso, non mates o año do limpio castaño,
púxose na póla tocando a... miola, mirando os rapaces que viñan da escola.

Retrouso

O ghai-ghai, o ghai-ghai, o que espernexe e non cae,
espernexín e caín e levanteime e dixen, e levanteime e dixen:
Xabarín!

domingo, 11 de setembro de 2016


Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unha chea de ganas de aprender, de leer, de cantar, de falar  ....

Lingua Galega 6º Primaria
    * Libro de texto: Lingua 6º. Editorial Anaya
    * Caderno grande cuadriculado e grapado
    * Caderno pequeno cuadriculado e grapado
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
    * Caixa de cores
    * Diccionario RAG online

luns, 9 de maio de 2016

luns, 2 de maio de 2016

O cuco

Para Escoitar a Música
O cuco, o caracol e o burro
O cuco, cuco, cuqueiro
o cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón.


Fise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primavera
antre o Marzo i o Abril.

RETROUSO

¡O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!

RETROUSO

Polas mañás ben cediño
o cuco canta: cu- cu.
¡Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!


Manuel María: Os soños na gaiola

O Caracol

O cuco, o caracol e o burro
CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!


O LOMBO LÉVAS A CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!


RETROUSO


CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!

Manuel María: Os soños na gaiola

O Burro

O cuco, o caracol e o burro
Arre, ¡corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!


¡Corre meu burriño;
non gallopes, voa!
¡A ver si lle ganas
o vento que zoa!

RETROUSO


¡Arre meu burriño!
non seas perguiceiro!
¡A ver si lle ganas
o vento lixeiro...!

RETROUSO 


¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Si queres, ó vento
deixarás atrás...!

¡Arre, meu burriño!
¡Corre mais deprisa!
¡Que si perde o vento
xa verás que risa...!

Manuel María: Os soños na gaiola

venres, 8 de abril de 2016

O aradiño

Música
Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un aradiño de pau.
Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita cunha lata vella.
Ten orelleira, rabela
tan luída e rematada
que me amola mirar pra ela.
O meu arado e tan feito
que pode incruso esfender
labradíos a barbeito.
Teño xa que darlle estreno
ó meu arado arador,
ó meu arado pequeno.
E non sei ónde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois pra xunguir.


mércores, 6 de abril de 2016

O carro


Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

RETROUSO



O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

RETROUSO

venres, 1 de abril de 2016

Galiza

Versión Musicada
Galiza docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise, 
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento ...
Mais hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galiza
En ti tes que atopala.
Manuel María: Os soños na gaiola

martes, 8 de marzo de 2016

O som do galpon

Baila
A vida está chea de boas persoas
De boas situacións, de momentos que melloran
De sentimentos libres, de grandes noraboas
Esperta un novo día ca música que soa
Alegre positivo sen ter preocupacións
Escoitas este ritmo que che sae do corazón
E guíate por min rapas ven a bailar
O que digan os que miran os demais está demais.


RETROUSO
Por iso canta, baila; deixate levar!
Montados nunha nave nunha viaxe espacial...
Por iso canta, baila; deixate levar!
Vivimos aventuras nun lugar sen igual...
Por iso canta, baila! Por iso baila, canta! Por iso canta, baila!
Deixate levar...

Desfruta do camiño desfruta do momento
Contento a cada paso que dás serás ti mesmo
Tes ganas de sorrir, tes ganas de xogar
Tes ganas de ser feliz e nada máis
A música que flúa o feeling, o flow
Florecen os carballos que medran no galpom
Non penses no que digan os que miran miña amiga
O que digan os que miran os demais está demais.

Por iso canta, baila; deixate levar!
Montados nunha nave nunha viaxe espacial...
Por iso canta, baila; deixate levar!
Vivimos aventuras nun lugar sen igual...
Por iso canta, baila! Por iso baila, canta! Por iso canta, baila!
Deixate levar...
Por iso canta, canta!
Por iso baila, baila!
Por iso salta, salta!
Por iso sube, baixa!
Por iso canta, baila; deixate levar!
Montados nunha nave nunha viaxe espacial...
Por iso canta, baila; deixate levar!
Vivimos aventuras nun lugar sen igual...
Por iso canta, baila! Por iso baila, canta! Por iso canta, baila!
Deixate levar...

venres, 19 de febreiro de 2016

A ánfora exipcia


Xa rematamos de ler o noso libro pero antes de que teñamos a animación á lectura é importante que cubrades esta ficha de lectura que nos axudará a por as cousas ben claras.

luns, 11 de xaneiro de 2016

Pirimpinpin

Teño dentro do meu peito...
unha laranxa partida
para darlle o meu amor,
o pirin pirimpimpin
para darlle a miña vida

Pirimpimpin pim pim pim pim
Manolo vira pra ca,
María vira pra aqui x2

De Portugal me mandaron,
tres peras nun ramaliño
quen me dera a mi saber
o pirin pirimpimpin
quen me ten tanto cariño

RETROUSO x2

Do outo lado do rio
do outro lado meu ben
do outro lado do rio
o pirin pirimpimpin
teño a quen lle quero ben

RETROUSO x2

O entrar en Sanguiñeda
hai un lexo de letreiro
que sempre esta a dicir
o pirin pirimpimpin
Portugal meu compañeiro

RETROUSO x2

Rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamen quero rebolar x2

RETROUSO x2