luns, 26 de novembro de 2012

O Outono

Para as nenas e nenos
da clase de Ana García.

Para celebrar o outono,
ergueuse Ana moi cedo,
deixou na cama o seu sono,
colleu un cesto pequeno.

Castañas trouxo do souto
e landras da carballeira,
subiu ó cumio máis outo
por palla dunha palleira.

No bosque húmido e frío
topouse cun cogomelo.
No horto, á beira do río
colleu Ana
un bo marmelo.

Volveu coa cestiña chea:
follas, mazáns e marmelo;
landras, castañas ... que léa!
E no medio, o cogomelo.

A fada María Romasanta
Mentre outonea en Vigo no ano 2012

martes, 14 de agosto de 2012

xoves, 24 de maio de 2012

O ghai ghai e Nordés

Se queredes practicar na casa aqui tedes as dúas cancións coas que imos mover o esqueleto este fin de curso.


O ghai, ghai de Chouteira

Nordés Mercedes Peón e os Diplomáticos de Montealto

luns, 21 de maio de 2012

Celtic Roots


Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. Foi así como os alumnos do Colexio Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), do St. John's Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e do St. Cronan's School de Bray (Irlanda) xuntáronse`para cantar cancións da súa terra.