mércores, 29 de marzo de 2017

6 EP


Neste 3 Trimestre vouvos propoñer a lectura deste libro; tal vez moitos de vos xa o teñades lido pero creo que podemos pasar un bo anaco lendo este libro do gran Roald Dahl.
Espero que vos guste. 

Para saber máis do libro: Clica Aquí

martes, 21 de febreiro de 2017

Tempo de Entroido

Neste tempo de Entroido que se aveciña imos xogar ás adiviñas: fixádevos ben nas seguintes fotos e intentade identificar de que personaxe do entroido galego se trata.







venres, 2 de decembro de 2016

martes, 15 de novembro de 2016

Volver a casa no Nadal


Neve nas montañas
tres magos que veñen e van
panxoliñas doces
cantamos porque é Nadal.

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Chegou o tempo de soñar,
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz,
fogares cheos do amor.
Quen colleu o mando da televisión?

En primavera hai que voar,
nadar na praia no verán,
pasar o outono en Nova Iorque,
volver a casa por Nadal.

Todo o tempo sen parar,
volver a casa por Nadal.

Jota e Muiñeira de Silvela

Muiñeira 2:20

martes, 8 de novembro de 2016

Canto de Reis e Panxoliña de Neda


Os tres Reises Magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben.          
Lupe da Caveira failles o café,                             
Esperanza de Macario peneira de pé.

Vinde os que as redes botades
no azulado mar de Neda.
Vinde os que a xebra
segades á baixada da marea.

E veñan as panadeiras
co seu pan fresco de trigo
e as que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras.

As que lavan o abrigo
e as que cultivan as leiras,

Traede a gaita de fol
para tocar polo camiño
nas alforxas queixo mol
para levarlle ó Pequeniño.

Din que está nunha palliñas
o Neno Deus tan recente,
máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

Máis lindo que o sol nacente
de abril polas mañanciñas.

A tixola vella ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.
A tixola veña ten un matiné,
todo Neda sabe de que color é.

Muiñeira de Cabana


Con un sombreiro de palla



Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,

Deixade aos pastores
deixadeos pasar
que van cantar ao rei
a Xesús no portal!

Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!